Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 21 de decembro de 2012 Páx. 47533

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (315/2012).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 315/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marta Otero Martínez e Juan Manuel Doval Gestal contra a empresa Procedimientos de Aseo Urbano PAU, S.A., Talleres de Abastecimiento, Jardinería y Obras, S.L., Jardinería Arce, S.L., Arborejardín, S.L., SAT Vivero Ártabro, S.L., Jardincelas, S.L., Zonas Verdes Aníbal Soto, S.L., Fogasa, Concello da Coruña, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se achega:

«Decisión:

Que debo desestimar e desestimo a demanda sobre despedimento formulada por Juan Manuel Doval Gestal e Marta Otero Martínez, asistidos pola letrada Sra. Garrido Fernández, contra o Concello da Coruña, representado pola letrada Sra. Macías Mourelle, contra Jardinería Arce, S.L., que comparece representada pola letrada Sra. Segura Espinosa, contra Arborejardín, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, contra SAT Vivero Ártabro, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, contra Jardincelas, S.L., que comparece representada por Manuel Barbeito Uzal, contra Procedimientos de Aseo Urbano PAU, S.A., que comparece asistida do letrado Sr. Fernández-Chao González-Dopeso, contra Zonas Verdes Aníbal Soto, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, contra Talleres de Abastecimiento, Jardinería y Obras, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, e contra o Fogasa, que non comparece ao acto do xuízo, e absolvo as codemandadas de todos os pedimentos da demanda contra elas dirixidos.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito, neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros (artigo 229 da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social) na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino, Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola Sra. xuíza que a autoriza en audiencia pública, lugar e data nela indicados. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Talleres de Abastecimiento, Jardinería y Obras, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de novembro de 2012

A secretaria xudicial