Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 21 de decembro de 2012 Páx. 47538

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (26/2011).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 26/2011, deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ramón García García contra a empresa Vázquez y Vidal Construcciones, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou a resolución cuxo encabezamento e ditame son como segue:

«Sentenza.

A Coruña, 26 de novembro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 26/2011, en que foi demandante José Ramón García García, representado polo letrado Sr. Méndez Sanjurjo, e demandada a empresa Vázquez Vidal Construcciones, S.L. Da mesma maneira citouse o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por José Ramón García García contra a empresa Vázquez y Vidal Construcciones, S.L. e, en consecuencia, condeno a esta última a aboar a José Ramón García García a cantidade de 3.123,55 euros que lle debe. Esta cantidade deberase incrementar co xuro de mora do 10 %.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, secretaria xudicial, dou fe».

E para que lle sirva de notificación a Vázquez y Vidal Construcciones, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 29 de novembro de 2012

A secretaria xudicial