Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 21 de decembro de 2012 Páx. 47540

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (16/2011).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 16/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Loira Fuentes contra a empresa Ecodragas, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou a resolución cuxo encabezamento e ditame son como segue:

«Sentenza.

A Coruña, 26 de novembro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 16/2011, en que foi demandante José Manuel Loira Fuentes, representado polo letrado Sr. Abeigón Vidal, e demandada a empresa Ecogramas, S.L. Da mesma maneira citouse o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por José Manuel Loira Fuentes contra a empresa Ecodragas, S.L. e, en consecuencia, condeno a esta última a aboar a José Manuel Loira Fuentes a cantidade de 50.431,16 euros que lle debe. Esta cantidade deberase incrementar co xuro de mora do 10 %, ben que única e exclusivamente respecto dos conceptos de carácter estritamente salarial.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado no prazo dos 5 días seguintes ao da notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e lle sirva de notificación a Ecodragas, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 30 de novembro de 2012

A secretaria xudicial