Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 21 de decembro de 2012 Páx. 47542

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (27/2011).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 27/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Gica Secareanu, Mihai Boros, Miguel Escabia Rosero contra a empresa Construcciones del Noroeste, 2005, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre reclamación de cantidade, se ditou a resolución cuxo encabezamento e ditame son como segue:

«Auto.

A Coruña, 29 de novembro de 2012.

Antecedentes de feito.

Único. O día 15 de novembro do ano en curso ditouse sentenza neste procedemento.

Apreciado erro na identidade do letrado da parte demandante consignado na resolución de referencia, cómpre corrixilo.

Parte dispositiva.

Que debo acordar e acordo a aclaración da sentenza do 15 de novembro de 2012, ditada neste procedemento, no significado seguinte:

Que no seu encabezamento se substitúa a referencia ao letrado Sr. Martínez Ramonde pola referencia ao letrado Sr. Nogueira Esmorís, con mantemento inalterado do resto do seu contido.

Contra este auto non cabe ningún recurso.

Así o acorda, manda e asina Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña».

E para que conste e sirva de notificación a Construcciones del Noroeste 2005, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 30 de novembro de 2012.

A secretaria xudicial