Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 21 de decembro de 2012 Páx. 47544

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (442/2010).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento 442/2010, deste xulgado do social, seguido por instancia de Óscar Alberto Ayala contra a empresa Construcciones Manuel García Carreira, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte sentenza, con data do 30 de outubro de 2012, cuxa parte dispositiva se achega:

«Que estimando parcialmente a demanda interposta por Óscar Alberto Ayala contra a mercantil Construcciones Manuel García Carreira, S.L., condeno a citada demandada a lle aboar ao demandante a cantidade de 6.964,85 euros, mais o 10 % desa suma por demora no seu pagamento.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da súa notificación, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Advírtese a empresa demandada de que, para recorrer, deberá acreditar que ingresou na conta de consignacións deste xulgado o importe da condena ou aval bancario solidario e 300 euros en concepto de depósito. Sen este requisito non será admitido a trámite o recurso e quedará firme a sentenza.

Así o acordo, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Construcciones Manuel García Carreira, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias deste xulgado, agás as que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2012

A secretaria xudicial