Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 20 de decembro de 2012 Páx. 47376

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (316/2012).

Xulgado do Social número 5 da Coruña, r/ Monforte, s/n.

Teléfono: 881 88 11 63/4. Fax: 881 88 11 65.

NIG: 15030 44 4 2012 0001633N81291.

Nº autos: procedemento ordinario 316/2012.

Demandante: Milagros Quinteiro Rey.

Avogada: María José Liste López.

Demandada: Plásticos Touro, S.L.

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 316/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Milagros Quinteiro Rey contra a empresa Plásticos Touro, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte sentenza:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Milagros Quinteiro Rey contra a empresa Plásticos Touro, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa Plásticos Touro, S.L. a que lle aboe á demandante as seguintes cantidades:

– 5.622,77 € en concepto de liquidación e indemnización por despedimento e falta de aviso previo.

– 4.967,2 € en concepto de salarios non pagados. Esta última cantidade incrementarase co 10 % por xuros moratorios aplicables aos conceptos salariais.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso o interpón a parte demandada, non se admitirá sen a consignación previa do importe da condena, que deberá ingresar na conta no Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, número 47570000, código 36 e número de expediente, máis 300 € do depósito especial indicado no artigo 229.1 a) da Lei reguladora da xurisdición social. Ambos os ingresos deberanse efectuar por separado na mesma conta corrente antes indicada, e a empresa poderá substituír o importe da consignación pola constitución, á disposición deste xulgado, de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamentos.

E para que lle sirva de notificación a Plásticos Touro, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

A Coruña, 29 de novembro de 2012

A secretaria xudicial