Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 20 de decembro de 2012 Páx. 47378

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 112/2011-M).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que perante este xulgado se tramitan autos co número PO 112/2011 por instancia de Alberto Balseiro Lamelas contra Proyectos y Estudios de Galicia, S.L., Acciona Infraestructura, S.A., Administración concursal e Fogasa sobre despedimento, nos cales o día 24 de setembro de 2012 se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Alberto Balseiro Lamelas e, en consecuencia, condeno a empresa Proyectos y Estudios de Galicia, S.L. a aboarlle ao demandante a cantidade de 11.536,03 €, con responsabilidade solidaria no pagamento da entidade Acciona Infraestructura, S.A., aínda que limitada á suma de 4.127,22 euros.

Con intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito perante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá sen a consignación previa do importe da condena que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, número 47570000, código 36 e número de expediente, máis 300 € do depósito especial indicado no artigo 229.1 a) da LRXS. Ambos os ingresos deberán efectuarse por separado na mesma conta corrente antes indicada, e a empresa poderá substituír o importe da consignación pola constitución á disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Proyectos y Estudios de Galicia, S.L. co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado excepto as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, e expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 29 de novembro de 2012

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial