Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 20 de decembro de 2012 Páx. 47375

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (103/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 103/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Javier Palacios Nimo contra a empresa Aliga Obras y Servicios, S.L., Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decido que debo estimar e estimo integramente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por José Javier Palacios Nimo contra a empresa Aliga Obras y Servicios, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Aliga Obras y Servicios, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 4.462,56 €, incrementados no 10 % por mora salarial.

Con intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito perante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá sen a consignación previa do importe da condena que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, máis 300 € do depósito especial indicado no artigo 229.1 a) da LRXS. Ambos os ingresos deberán efectuarse por separado, e a empresa poderá substituír o importe da consignación pola constitución á disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírteselle ao destinatario empresa Aliga Obras y Servicios, S.L. que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de novembro de 2012

A secretaria xudicial