Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 20 de decembro de 2012 Páx. 47374

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1139/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1139/2010, por instancia de Mónica Casanova Couceiro contra a empresa Ditecar, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data do 26 de novembro de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decido.

Estímase a demanda interposta por Mónica Casanova Couceiro contra a entidade Ditecar, S.L. e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Ditecar, S.L. a aboar á demandante Mónica Casanova Couceiro a cantidade de catorce mil setecentos dezaseis euros con dezaoito céntimos (14.716,18 euros). Os conceptos salariais devindicarán os xuros moratorios do 10 %.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Ditecar, S.L., expido e asino el presente edicto.

A Coruña, 30 de novembro de 2012

A secretaria xudicial
Rubricado