Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 20 de decembro de 2012 Páx. 47373

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (546/2012).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 546/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Daniel Varela Fernández contra a empresa Hostelería Coruñesa Agoi3, S.L., Alferluma, S.L.U., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido que estimando a demanda interposta por Daniel Varela Fernández, con DNI 47367389 Q, contra as empresas Alferluma, S.L. e Hostelería Coruñesa Agoi 3, S.L., debo declarar e declaro que procede, condenando as codemandadas a que, de forma conxunta e solidaria, lle aboen ao demandante a cantidade de 341,92 euros líquidos.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela non se pode interpor recurso de suplicación pois a contía litixiosa da reclamación non excede os 3.000 euros (artigo 191.2.g LRXS).

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Hostelería Coruñesa Agoi3, S.L. e Alferluma, S.L.U., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamentos.

A Coruña, 27 de novembro de 2012

A secretaria xudicial