Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 20 de decembro de 2012 Páx. 47371

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4192/2012-PM).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4192/2012-PM desta sección, seguido por instancia de José Serén García contra as empresas Fogasa, Logesta Noroeste, S.A., Comercializadora de Mercancías y Transportes Asociados, S.L. (Comertrans), Distribuciones Vaamonde, S.L., Comercializadora Lucense de Transportes, S.L., Depósito Fiscal y Logística, S.L., Llanera Logística, S.L.U., Admón. Concursal Transportes Visantoña, S.A., Fernando Luis Vaamonde Romero e Transportes Visantoña, S.A., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que, rexeitando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de José Serén García contra a Sentenza do 1 de decembro de 2011, ditada polo Xulgado do Social número 5 da Coruña nos autos 669 e 1105/2011, acumulados e seguidos por instancia do recorrente contra as empresas Transportes Visantoña, S.A., contra a súa Administración concursal e contra as empresas Logesta Noroeste, S.A., Comercializadora Lucense de Transportes, S.L., Comercializadora de Mercancías y Transportes Asociados, S.L., Fernando Luis Vaamonde Romero, Llanera Logística, S.L., Depósito Fiscal y Logística, S.L. e Distribuciones Vaamonde, S.L., debemos confirmar e confirmamos a resolución contra a cal se recorre.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto nº 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporando o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións nos estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lles sirva de notificación en forma ás empresas Distribuciones Vaamonde, S.L., Comercializadora Lucense de Transportes, S.L., Depósito Fiscal y Logística, S.L., Llanera Logística, S.L.U., Luis Fernando Vaamonde Romero, con último domicilio coñecido en Bergondo, A Coruña, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 28 de novembro de 2012

A secretaria xudicial