Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 20 de decembro de 2012 Páx. 47370

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira)

EDICTO (247/2012).

José Andrés Salgado Fernández, secretario xudicial da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, mediante este edicto anuncio:

No incidente de impugnación de resolución de beneficio de xustiza gratuíta número 247/2012, da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo, ditouse auto de aclaración cuxa parte dispositiva di:

Decidimos que rexeitamos a impugnación da Resolución do 15 de febreiro de 2012, da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta da Coruña, que lle denega a María del Carmen Vilariño Rodríguez o dereito á asistencia xurídica gratuíta que solicitara, sen facer imposición das custas. Contra este auto non cabe recurso ningún. Así o pronunciamos, mandamos e asinamos.

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de María del Carmen Vilariño Rodríguez, expídese este edicto para que sirva de notificación en legal forma.

A Coruña, 29 de novembro de 2012

O secretario xudicial