Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 20 de decembro de 2012 Páx. 47368

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2012, da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, pola que se adxudica, mediante concurso de méritos, un posto de xefatura de persoal de xestión e servizos.

Convocada a provisión, polo sistema de concurso de méritos, dun posto de xefatura de persoal de xestión e servizos, mediante Resolución do 23 de maio de 2012 (DOG nº 143, do 27 de xullo), esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión de postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde,

ACORDA:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefatura de persoal de xestión e servizos, anunciada por Resolución do 23 de maio de 2012 (DOG nº 143, do 27 de xullo).

Segundo. Seleccionar e nomear para o posto convocado a persoa que se indica no anexo desta resolución.

Terceiro. O aspirante nomeado deberá cesar na praza que desenvolve dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberase efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo director xerente de Atención Primaria de Lugo.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular e será declarado nesa situación polo órgano competente quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto. Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, de acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992,do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e da Lei 25/2009, do 22 de decembro, dentro do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.

Lugo, 13 de novembro de 2012

Ana Mª García Cedrón
Directora xerente de Atención Primaria de Lugo

ANEXO

Posto de traballo: xefe de grupo da Xerencia de Atención Primaria de Lugo.

Nome e apelidos: Roberto Carlos Vigo López.

DNI: 33334865-E.