Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 20 de decembro de 2012 Páx. 47365

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2012, da Dirección Xerencia do Hospital Lucus Augusti de Lugo, pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de concurso de méritos e defensa dun proxecto, dos postos de supervisor/a de unidade deste hospital.

Unha vez convocada pola Resolución do 29 de novembro de 2011 (DOG nº 246, do 27 de decembro) a provisión dos postos de supervisor/a de unidade, esta dirección xerencia, de conformidade coa competencia atribuída na Orde da Consellería de Sanidade do 5 de xullo de 2009 (DOG nº 139, do 20 de xullo),

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dos postos de supervisor/a de unidade do Hospital Lucus Augusti de Lugo, convocada pola Resolución do 29 de novembro de 2011 (DOG nº 246, do 27 de decembro).

Segundo. Nomear para os postos que se indican as persoas citadas no anexo desta resolución.

Terceiro. Os aspirantes nomeados deberán cesar nas prazas que desempeñen dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión dos postos de traballo adxudicados deberase efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo, polo que se percibirán os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos dos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 12 de novembro de 2012

Francisco José Vilanova Fraga
Director xerente do Hospital Lucus Augusti de Lugo

ANEXO

Posto: supervisora da Unidade de Recursos Materiais.

Nome e apelidos: Isabel Vázquez Teijeiro.

DNI: 22746260-L.

Posto: supervisora da Unidade de Hospitalización Cirúrxica.

Nome e apelidos: María Esther Rodríguez Ascariz.

DNI: 33860408-S.

Posto: supervisor da Unidade de Críticos.

Nome e apelidos: José Antonio Vázquez González.

DNI: 33315810-B.

Posto: supervisora da Unidade de Técnicas Especiais.

Nome e apelidos: María Soledad Vilariño Paz.

DNI: 33834623-J.

Posto: supervisora da Unidade de Quirófano.

Nome e apelidos: María del Pilar Castro Prado.

DNI: 33306564-B.

Posto: supervisora da Unidade de Hospitalización de Obstetricia.

Nome e apelidos: Lucía Vázquez Cancela.

DNI: 33330593-M.

Posto: supervisor da Unidade de Hospitalización.

Nome e apelidos: Juan Pérez Peña.

DNI: 33339313-P.