Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 18 de decembro de 2012 Páx. 47017

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (477/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 477/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Víctor Mallo González contra a empresa Aislamientos Pemos, S.L. e outra, sobre despedimento, ditouse a seguinte sentenza:

«Que debo estimar e estimo a demanda interposta por Víctor Mallo González contra Aislamientos Pemos, S.L. e TCA Instalaciones, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que o demandante foi obxecto o 9 de xaneiro de 2012, e condeno as demandadas a que no prazo de cinco días desde a data de notificación da sentenza, opten entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade ou ben ao aboamento dunha indemnización por despedimento de 1.345,58 euros, máis ao aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento e ata a notificación da presente resolución, a razón de 51,26 euros diarios.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio prazo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta en Banesto desta cidade.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Aislamientos Pemos, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

A Coruña, 27 de novembro de 2012

A secretaria xudicial