Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 18 de decembro de 2012 Páx. 47015

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (655/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 655/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Olga Mª Neira Cortizas contra a empresa Monterrei, S.C., e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

Resolución:

1º. Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Olga María Neira Cortizas contra a entidade Monterrei, S.C. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que a demandante foi obxecto o 5 de maio de 2012, e en consecuencia, condeno a empresa demandada a que á súa elección, que deberá manifestar ante este xulgado no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, proceda á inmediata readmisión da traballadora ou ben lle aboe unha indemnización por despedimento en contía de 1.601,52 euros.

O aboamento da indemnización determinará a extinción do contrato de traballo, que se entenderá producida na data do cesamento efectivo no traballo.

No caso de que se opte pola readmisión, a empresa demandada deberá aboar ademais á traballadora os salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación da sentenza que declare a improcedencia ou ata que a demandante encontrase outro emprego, se tal colocación fose anterior á devandita sentenza e se probase polo empresario o percibido, para o seu desconto dos salarios de tramitación.

No suposto de non optar o empresario pola readmisión ou a indemnización, enténdese que procede a primeira.

2º. Que debo estimar e estimo a demanda de reclamación de cantidade que foi interposta por Olga María Neira Cortizas contra a entidade Monterrei, S.C. e, en consecuencia, condeno a entidade demandada a aboar á demandante a cantidade de 659,65 euros líquidos.

Con intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá este sen a consignación previa do importe da condena que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229 da LRXS. Ambos os ingresos deberán efectuarse por separado na mesma conta corrente antes indicada, podendo substituír a empresa o importe da consignación pola constitución a disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Advírteselle ao destinatario, empresa Monterrei, S.C., que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de novembro de 2012

A secretaria xudicial