Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 18 de decembro de 2012 Páx. 47014

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1286/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1286/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Verónica Barbeira Vilas contra a empresa Jomofisa, S.L., e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse a seguinte sentenza:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Verónica Barbeira Vilas contra a empresa Jomofisa, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa Jomofisa, S.L. a que aboe á demandante a cantidade de 2.661,71 euros.

A citada cantidade incrementarase co 10 % por xuros moratorios aplicables aos conceptos salariais.

Con intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe recurso.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Jomofisa, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

A Coruña, 26 de novembro de 2012

A secretaria xudicial