Procedemento: procedemento ordinario 258/2012.
Sobre: outras materias.
De: José Barreiro Barreiro.
Procurador: Luis Alfonso Rieiro Noya.
Contra: Pedro Souto Iglesias, herdeiros descoñecidos e incertos de Pedro Souto Iglesias.
Cédula de emprazamento.
Órgano xudicial que ordena emprazar: Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Ordes.
Asunto en que se acorda: procedemento ordinario 258/2012.
Persoas que se emprazan: Pedro Souto Iglesias e herdeiros descoñecidos e incertos de Pedro Souto Iglesias, en concepto de parte demandada.
Obxecto do emprazamento: comparecer no xuízo indicado para contestar á demanda.
Órgano xudicial ante o que debe comparecer: na sede deste órgano xudicial.
Prazo para comparecer: vinte días hábiles contados desde o seguinte ao deste emprazamento.
Prevencións legais:
1. Se non comparecen dentro do prazo indicado, declararanse en situación de rebeldía procesual e, notificada a súa rebeldía, non se lles volverá notificar resolución ningunha agás a que poña fin ao procedemento (artigos 496 e 497 da LAC).
2. Deberán comparecer con procurador que os represente e letrado que os defenda (artigos 23 e 31 da LAC).
3. Deberán comunicar a este órgano xudicial calquera cambio de domicilio que se produza durante a substanciación do proceso (artigo 155.5 da LAC).
4. Infórmanse os demandados de que teñen á súa disposición na oficina xudicial as copias da demanda e documentos, e do decreto que a admite a trámite.
Ordes, 6 de novembro de 2012
O/a secretario/a xudicial