Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 18 de decembro de 2012 Páx. 47010

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3176/2009).

Francisco Javier Gamero López-Peláez, secretario xudicial da Sección Segunda da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación número 3176/2009 desta sección, seguido por instancia de Jessica María Doval Castro contra a empresa Servizo Público de Emprego Estatal e Ais Norte 06, S.L., sobre desemprego, se ditou a seguinte resolución:

«Que, desestimando o recurso de suplicación formulado pola letrada do Servizo Público de Emprego Estatal na representación que desempeña da citada entidade, contra a sentenza do 27 de abril de 2009, ditada polo Xulgado do Social número 2 da Coruña en autos seguidos por instancia de Jessica María Doval Castro contra a entidade recorrente, sobre prestacións por desemprego, debemos confirmar e confirmamos integramente a citada resolución.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta corrente desta sala nº 1552 0000 35 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á patronal Ais Norte 06, S.L., con último domicilio coñecido na Rolda de Outeiro, 238, 1º esquerda, 15010 A Coruña, coa advertencia de as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamento, asino este edicto.

A Coruña, 28 de novembro de 2012

O secretario xudicial