Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 18 de decembro de 2012 Páx. 47007

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5339/2009-CRS).

Nas actuacións número 5339/2009-CRS a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 823/2007 do Xulgado do Social número 4 da Coruña, promovidos por Antonio Souto Iglesias contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Edificaciones Orivan, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, sobre accidente, se ditou a resolución, cuxa parte dispositiva é como segue:

«Que procede corrixir a resolución desta sala con data do vinte e dous de outubro de dous mil doce ditada nestas actuacións, o que se fai no sentido seguinte:

Antecedentes de feito.

Primeiro. Segundo consta nos autos, a citada parte demandante presentou demanda contra a mencionada parte demandada, que lle correspondeu por quenda ao citado xulgado do social para o seu coñecemento e axuizamento, o cal ditou a sentenza anteriormente referida.

Segundo. Que na citada sentenza se declaran como feitos probados os seguintes:

1. O demandante, Antonio Souto Iglesias, nacido o 12 de novembro de 1965, con DNI nº 33269031-Z e afiliado á Seguridade Social con nº 15/00835672/90, de profesión habitual encofrador, sufriu un accidente de traballo o 27 de febreiro de 2006, cando traballaba para a empresa Edificaciones Orivan, cuxas continxencias profesionais tiña concertadas coa Mutua Gallega. Que o referido accidente lle foi comunicado á Mutua, que prestou ao traballador accidentado a asistencia médico-farmacéutica oportuna e tramitou o oportuno expediente ante o Instituto Nacional da Seguridade Social para valoración de secuelas, con proposta de baremo nº 3.

4. Con data do 19 de abril de 2007, o Instituto Nacional da Seguridade Social dita resolución en que declara a Antonio Souto Iglesias afecto de lesións permanentes non invalidantes, baremo 3, con indemnización de 1.600 € por conta da Mutua Gallega.

5. Contra a anterior resolución interpúxose a preceptiva reclamación previa, que foi desestimada pola Resolución do 27 de agosto de 2007.

6. A base reguladora mensual ascende a 1.119,41 €.

7. O informe do EVI ten data do 17.4.2007.

8. As doenzas que padece o traballador consisten en secuelas de traumatismo en forma de leucomas cornais ollo, catarata subcapsular posterior ollo esquerdo. Agudeza visual 0,4000. E as limitacións orgánicas e funcionais seguintes: agudeza visual ollo esquerdo de 0,400.

Terceiro. Que a parte dispositiva da indicada resolución é como segue:

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda formulada por Antonio Souto Iglesias contra a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a empresa Edificaciones Orivan, S.L., e declaro o traballador afecto de incapacidade permanente parcial, derivada de accidente de traballo, condenando a Mutua Gallega, en subrogación do empresario, a que lle aboe unha indemnización equivalente a 24 mensualidades da súa base reguladora mensual de 1.119,41 euros, que supón un total de 26.865,84 euros, sen prexuízo das responsabilidades legais subsidiarias que asumen o INSS e a TXSS.

Cuarto. Contra esta sentenza interpuxo recurso de suplicación a parte demandada, a Mutua, que foi impugnado de contrario. Elevados os autos a este tribunal, dispúxose que pasaran ao relator.

Fáiselles saber ás partes que contra esta resolución non cabe ningún recurso, sen prexuízo do recurso de casación para unificación de doutrina, cuxo prazo quedou interrompido, xa que se solicitou a aclaración. O seu cómputo continuará desde o día seguinte ao da notificación desta resolución. Expídase certificación desta resolución para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e lévese o orixinal, en unión da sentenza, ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por este auto, pronunciámolo, e mandámolo co secretario da sala, que dá fe.

Advírtese a parte, Edificaciones Orivan, S.L., con último domicilio coñecido na avda. de Pastoriza 56-B, Arteixo, A Coruña, de que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral».

E para que así conste, para efectos da súa publicación no DOG, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Edificaciones Orivan, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 26 de novembro de 2012

A secretaria xudicial