Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 18 de decembro de 2012 Páx. 47005

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2585/2009-CRS).

Secretaria: M. Asunción Barrio Calle.

Nº de recurso: recurso suplicación 2585/2009-CRS.

Materia: xubilación.

Recorrentes: Manuel Moreira Pérez, letrado Arsenio Gallego Chacón, Vigo.

Procurador: Luis Fernández Ayala Martínez, A Coruña.

Recorridos: Panxón, S.A., letrado Iván Villar Álvarez, Vigo.

Procurador: Víctor López Rioboó y Batanero, A Coruña.

Instituto Social de la Marina.

Pesquera Santa Cruz, S.A., BOP.

Santodomingo e Hijos, S.L., BOP.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 3 de Vigo.

Demanda: 855/2008.

Nas actuacións número 2585/2009-CRS a que se refiere o encabezamento, seguidas a Sala do Social do Tribunal Superior deste Xustiza, dimanantes dos autos número 855/2008 do Xulgado do Social número 3 de Vigo, promovidos por Manuel Moreira Pérez contra Panxón, S.A., Instituto Social da Mariña, Pesquera Santa Cruz, S.A., Santodomingo e Hijos, S.L., sobre xubilación, se ditou a resolución, cuxa parte dispositiva é como segue:

«Que, desestimando o recurso de suplicación formulado pola representación procesual de Manuel Moreira Pereira contra a sentenza con data do 25 de novembro de 2008, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Vigo, nos autos 855/2008, seguidos por instancia do demandante contra as demandadas sobre seguridade social, debemos confirmar e confirmamos a sentenza de instancia.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social.

Se recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 35 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese a parte Santo Domingo e Hijos, S.L. de que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación e forma a Santodomingo e Hijos, S.L., asino este este edicto.

A Coruña, 16 de outubro de 2012

A secretaria