Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 18 de decembro de 2012 Páx. 47018

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (190/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 190/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Rodríguez Brea contra a empresa XXL Producción e Loxística, S.L., ditouse a seguinte resolución:

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por Carlos Rodríguez Brea contra XXL Producción e Loxística, S.L., administración concursal e o Fogasa e, en consecuencia, condeno a empresa a aboar ao demandante 6.221,73 euros máis os xuros do artigo 576 LAC, e condeno a administración concursal e o Fogasa a estar e pasar por esta resolución.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Fogasa facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada-xuíza.

E para que sirva de notificación en legal forma á demandada XXL Producción e Loxística, S.L., en paradoiro descoñecido, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2012

A secretaria xudicial