Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 18 de decembro de 2012 Páx. 47019

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 3 de decembro de 2012, do Servizo de Turismo da Coruña, pola que se lles notifica aos titulares dos establecementos que se relacionan a resolución da cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas dos establecementos da provincia da Coruña que se relacionan.

O Decreto 52/2011, do 24 de marzo, polo que se establece a ordenación de apartamentos e vivendas turísticas na Comunidade Autónoma de Galicia, recolle na disposición transitoria segunda, para as vivendas vacacionais inscritas no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas, un prazo de seis meses para solicitar a súa clasificación como vivenda turística.

Este organismo efectuou o preceptivo trámite de audiencia a que fai referencia o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), respecto do cal os titulares dos establecementos relacionados no anexo non efectuaron ningunha alegación.

Por todo o anteriormente exposto a Secretaría Xeral para o Turismo resolve a cancelación no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma Galega das vivendas vacacionais. O que se lles notifica aos seus titulares, participándolles que contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Secretaría Xeral para o Turismo no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 3 de decembro de 2012

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa do Servizo de Turismo da Coruña

ANEXO

Establecemento: vivenda vacacional Fogar de Breogán.

Titular: Breogan Management, S.L.

Enderezo: Ventosa, Covas.

Concello: Ames.

Establecemento: vivenda vacacional lugar de Saa.

Titular: Xaquín López Gómez.

Enderezo: Saa, 7.

Concello: Cedeira.

Establecemento: vivenda vacacional Piso Eurohouse.

Titular: Turísticas Fisterra, S.C.

Enderezo: Estorde.

Concello: Cee.

Establecemento: vivenda vacacional Playa de Quenxe II.

Titular: Protur Galicia, S.L.

Enderezo: Quenxe, s/n.

Concello: Corcubión.