Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 18 de decembro de 2012 Páx. 47021

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 30 de novembro de 2012, da Secretaría Xeral para o Turismo, polo que se emprazan as interesadas para seren notificadas por comparecencia nos expedientes TU970A 2012/52-1 e TU970A 2012/63-1.

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación polo servizo de Correos, emprázanse as interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado pola subdirectora xeral de Xestión, Fomento e Cooperación.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Secretaría Xeral para o Turismo, sita na praza de Mazarelos, nº 15 (Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2012

Por suplencia (Orde do 14.9.2012; DOG número 177, do 17 de setembro)
Secretario xeral de Presidencia
Por delegación de sinatura (Resolución do 17.9.2012)
Mª Elena Barca Ramos
Subdirectora xeral de Xestión, Fomento e Cooperación

ANEXO

Expediente: TU970A 2012/52-1.

Interesada: Turnauga Turismo Activo, S.L.

Acto de notificación: resolución de inadmisión.

Expediente: TU970A 2012/63-1.

Interesada: A Viña de Xabi, S.L.

Acto de notificación: resolución de inadmisión.