Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 18 de decembro de 2012 Páx. 47022

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 19 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública o anteproxecto de estación depuradora de augas residuais (EDAR) en Malpica, concello de Malpica de Bergantiños (expediente CO/0240/2012).

De conformidade co disposto na disposición adicional terceira do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública durante un prazo de vinte (20) días o expediente de estación depuradora de augas residuais (EDAR) CO/0240/2012 para os efectos da solicitude de licenza municipal de actividade para a súa construción, co fin de que calquera interesado poida examinalo e, se é o caso, formular as alegacións que considere convenientes, en horas de atención ao público, na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (rúa Vicente Ferrer, 2-5º andar, 15071 A Coruña) no concello de Malpica de Bergantiños (rúa Emilio González; Casa do Concello, 15113 Malpica de Bergantiños, A Coruña).

A Coruña, 19 de novembro de 2012

José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña