Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 18 de decembro de 2012 Páx. 47023

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Viveiro (expediente IN4078A 2012/3-2, 8062 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Porto de Celeiro, S.A.

Domicilio social: Peirao Pesqueiro Sur, s/n, Celeiro, 27863 Viveiro.

Denominación: anteproxecto de modificación dunha planta de coxeración no porto de Celeiro.

Situación: concello de Viveiro.

Características técnicas:

Substitución dos principais equipamentos existentes por:

– Unha planta satélite regasificadora GNL, cun depósito crioxénico de 60 m3 de capacidade.

– Un grupo moto-xerador modular JMS312 GS-NL de 500 kWe.

– Unha caldeira de vapor pirotubular, con recuperación de gases, de 232 kW de potencia térmica.

– Unha máquina de absorción Thermax SD 20ª-TCU, de dobre efecto, con 238 kW de potencia frigorífica.

– Sistema de control e instalacións auxiliares.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 10 de outubro de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo