Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 18 de decembro de 2012 Páx. 47025

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución da modificación da central de coxeración titularidade de José Piñeiro González e Hijos, S.L. no concello do Porriño.

Antecedentes de feito.

Primeiro. O 18 de xullo de 1996 a Dirección Xeral de Industria autorizou a instalación dunha planta de coxeración de enerxía eléctrica á empresa José Piñeiro González e Hijos, S.L. no termo municipal do Porriño (Pontevedra), e incluíuna no réxime especial de produción de enerxía eléctrica.

Segundo. O 19 de maio de 1997 a Dirección Xeral de Industria aprobou o proxecto de execución da planta de coxeración de referencia.

Terceiro. O 16 de decembro de 1998 a Dirección Xeral de Industria inscribiu no Rexistro de Instalacións de Produción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia a central mencionada, outorgándolle o número RE-98-29.

Cuarto. O 24 de abril de 2012 José Piñeiro González e Hijos, S.L. solicitou a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para a modificación da central de coxeración mencionada.

Quinto. O 11 de xuño de 2012, por resolución da Xefatura Territorial de Pontevedra someteuse a información pública a petición de autorización administrativa da modificación da instalación de referencia, e publicouse no BOP nº 117, do 19.6.2012, e no DOG nº 117, do 20.6.2012, coas seguintes características básicas:

«Modificación da planta de coxeración eléctrica situada na Cavadiña, nº 5, Mosende, concello do Porriño, consistente no cambio dos catro grupos motoxeradores alimentados a diésel por equipamentos alimentados con gas natural, modificando as instalacións existentes para adaptación aos novos equipamentos».

Esta dirección xeral non ten constancia de que se achegase ningunha alegación.

Sexto. O 31 de maio de 2012 a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra emitiu informe favorable sobre a solicitude achegada.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. O artigo 28 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, establece que a construción, explotación, modificación substancial, a transmisión e o peche de instalacións de produción de enerxía eléctrica en réxime especial estará sometida ao réxime de autorización administrativa previa, que terá carácter regrado, correspondéndolle o seu outorgamento á Administración autonómica.

Segundo. A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 1/2012, do 3 de xaneiro, polo que se modifica a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, no artigo 28 do Decreto 324/2009, do 11 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG do 17 de xuño), que atribúe á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas a dirección, coordinación, planificación, execución, seguimento e control das competencias e funcións da consellería en materia de enerxía, modificado polo Decreto 13/2012, do 4 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia (DOG do 5 de xaneiro).

Terceiro. Na tramitación tivéronse en conta as normas de procedemento contidas no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas vixentes de aplicación.

De acordo co que antecede,

RESOLVO:

Primeiro. Autorizar administrativamente a modificación da central de coxeración titularidade de José González Piñeiro e Hijos, S.L., situada en Mosende, no concello do Porriño (Pontevedra).

Segundo. Aprobar o proxecto de execución da devandita modificación da central, consonte o proxecto: «Modificación de planta de coxeración diésel en Maderas Piñeiro, a planta de coxeración de gas natural 4,24 MW», asinado polo enxeñeiro técnico industrial José Miguel Estévez Rodríguez, colexiado nº 1.493 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Santiago.

Todo isto de acordo coas seguintes condicións:

Primeira. As instalacións que se autorizan terán que realizarse consonte as especificacións e os planos que figuran no proxecto de modificación que por esta resolución se aproba, e referido no punto segundo da parte dispositiva desta.

Segunda. Para introducir modificacións nas instalacións que afecten datos básicos do proxecto será necesaria a autorización previa desta dirección xeral. Pola súa banda, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, e debe comunicarlle a este centro directivo todas as resolucións que dite en aplicación da devandita facultade.

Terceira. O prazo para a posta en servizo da modificación das instalacións que se autorizan será de doce meses contados a partir da data de notificación desta resolución.

Cuarta. A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto a presente autorización e aprobación de proxecto por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias, ou por incumprimento das condicións impostas.

Quinta. Esta autorización e aprobación de proxecto de execución outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Sexta. Como requisito necesario para a aplicación do réxime especial á devandita modificación, o titular e/ou explotador deberá solicitar a modificación da inscrición definitiva no Rexistro de Instalacións de Produción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola Orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xullo de 1995 (DOG do 14 de xullo), para o cal acreditará o cumprimento das condicións previstas nos artigos 11 e 12 do Real decreto 661/2007, do 25 de maio, e presentará a documentación que figure nas instrucións que dite esta dirección xeral en desenvolvemento da citada orde.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2012

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas