Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 17 de decembro de 2012 Páx. 46904

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1002/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1002/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Gómez Rodríguez e Daniel Castiñeiras Ures contra a empresa Fessler del Noroeste, S.L., sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son como segue:

«Sentenza.

A Coruña, 16 de novembro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre despedimento 1002/2012, en que foron demandantes José Manuel Gómez Rodríguez e Daniel Castiñeiras Ures, representados pola procuradora Sra. González Celaya, e demandada a empresa Fessler del Noroeste, S.L. Da mesma maneira foi citado o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de José Manuel Gómez Rodríguez e Daniel Castiñeiras Ures contra a empresa Fessler del Noroeste, S.L. e, en consecuencia, declaro improcedente a extinción do contrato de José Manuel Gómez Rodríguez e condeno a empresa demandada a que, no prazo de cinco días desde a notificación desta sentenza, opte entre a readmisión do traballador, nas mesmas condicións que rexían no momento de se producir o despedimento, co aboamento dos salarios de tramitación que, desde a data do despedimento ata a desta sentenza, ascenden á cantidade de 4.499 euros, aos cales se lles deberán engadir os que se devindiquen ata a súa notificación, a razón de 50,20 euros diarios, e a extinción da relación laboral, con aboamento da cantidade de 13.855,20 euros, en concepto de indemnización, e ao aboamento da cantidade de 410,58 euros en concepto de salarios debidos.

Da mesma maneira, declaro improcedente a extinción do contrato de Daniel Castiñeiras Ures e condeno a empresa demandada a que, no prazo de cinco días desde a notificación desta sentenza, opte entre a readmisión do traballador nas mesmas condicións que rexían no momento de se producir o despedimento, co aboamento dos salarios de tramitación que, desde a data do despedimento ata a desta sentenza, ascenden á cantidade de 4.499 euros, aos cales se lles deberán engadir os que se devindiquen ata a súa notificación a razón de 50,20 euros diarios, e a extinción da relación laboral, con aboamento da cantidade de 4.267 euros, en concepto de indemnización, e ao aboamento da cantidade de 410,58 euros, en concepto de salarios debidos.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto da condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Inscríbase no libro de rexistro da súa clase.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e lle sirva de notificación a Fessler del Noroeste, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

A Coruña, 26 de novembro de 2012

A secretaria xudicial