Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 17 de decembro de 2012 Páx. 46902

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (45/2011).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 45/2011, deste xulgado do social, seguido por instancia de Alejandra María Navajas Méndez contra a empresa Javier Lastres Antelo, en que foi parte o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a sentenza número 874/2012, cuxo encabezamento e resolución son como segue:

«Sentenza.

A Coruña, 15 de novembro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 45/2011, en que foi demandante Alejandra María Navajas Méndez, representada polo letrado Sr. Martínez Ramonde, e demandada a empresa Javier Lastres Antelo. Da mesma maneira citouse o Fondo de Garantía Salarial.

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Alejandra María Navajas Méndez contra a empresa Javier Lastres Antelo e, en consecuencia, condeno a empresa demandada a aboar a Alejandra María Navajas Méndez a cantidade de 345,77 euros que lle debe. Esta cantidade deberase incrementar co xuro de mora do 10 %.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpor ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación á empresa Javier Lastres Antelo, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 20 de novembro de 2012

A secretaria xudicial