Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 17 de decembro de 2012 Páx. 46900

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (35/2011).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 35/2011, deste xulgado do social, seguido por instancia de Maribel Goimil Rodríguez contra a empresa Bertrans 2010, S.L., en que foi parte o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a sentenza número 875/2012, cuxo encabezamento e resolución son como segue:

«Sentenza:

A Coruña, 15 de novembro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 35/2011, en que foi demandante Maribel Goimil Martínez, representada polo letrado Sr. Martínez Ramonde, e demandada a empresa Bertrans 2010, S.L. Da mesma maneira citouse o Fondo de Garantía Salarial.

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Maribel Goimil Martínez contra a empresa Bertrans 2010, S.L. e, en consecuencia, condeno a empresa demandada a aboar a Maribel Goimil Martínez a cantidade de 3.879,59 euros que lle debe. Esta cantidade deberase incrementar co xuro de mora do 10 %.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación a Bertrans 2010, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 20 de novembro de 2012

A secretaria xudicial