Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 17 de decembro de 2012 Páx. 46898

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (33/2011).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 33/2011, deste xulgado do social, seguido por instancia de Alba María López de Figueirido contra a empresa Media Digital Press, S.L., en que foi parte o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a sentenza número 879/2012, cuxo encabezamento e resolución son como segue:

«Sentenza

A Coruña, 15 de novembro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 33/2011, en que foi demandante Alba María López de Figueirido, representada polo letrado Sr. Pousa Meréns, e demandada a empresa Media Digital Press, S.L. Da mesma maneira citouse o Fondo de Garantía Salarial.

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Alba María López de Figueirido contra a empresa Media Digital Press, S.L. e, en consecuencia, condeno a empresa demandada a aboar a Alba María López de Figueirido a cantidade de 2.652,51 euros que lle debe. Esta cantidade deberase incrementar co xuro de mora do 10 %, ben que única e exclusivamente, nos conceptos de contido estritamente salarial.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpor ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación a Media Digital Press, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 20 de novembro de 2012

A secretaria xudicial