Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 17 de decembro de 2012 Páx. 46896

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (27/2011).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 27/2011, deste xulgado do social, seguido por instancia de Gica Secareanu, Mihai Boros e Miguel Escabia Rosero contra a empresa Construcciones del Noroeste 2005, S.L., en que foi parte o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a sentenza número 878/2012, cuxo encabezamento e resolución son como segue:

«Sentenza.

A Coruña, 15 de novembro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 27/2011, en que foron demandantes Gica Secareanu, Mihai Boros e Miguel Escabia Rosero, representados polo letrado Sr. Martínez Ramonde, e demandada a empresa Construcciones del Noroeste 2005, S.L. Da mesma maneira citouse o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Gica Secareanu contra a empresa Construcciones del Noroeste 2005, S.L. e, en consecuencia, condeno a empresa demandada a aboar a Gica Secareanu a cantidade de 12.464,12 euros que lle debe. Esta cantidade deberase incrementar co xuro de mora do 10 %, ben que única e exclusivamente nos conceptos de contido estritamente salarial.

Da mesma maneira, debo acordar e acordo o sobresemento deste procedemento no que se refire á acción interposta por Mihai Boros e Miguel Escaria Rosero por desistencia.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación a Construcciones del Noroeste 2005, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 20 de novembro de 2012

A secretaria xudicial