Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 17 de decembro de 2012 Páx. 46895

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (526/2012).

Xulgado do Social número 5 da Coruña. R/ Monforte, s/n.

Teléfono: 881 88 11 63/4. Fax: 881 88 11 65. NIG: 15030 44 4 2012 0002724 N81291.

Nº autos: procedemento ordinario 0000526/2012.

Demandante: José Eduardo Davila Rodríguez.

Avogada: Lidia Vázquez Méndez.

Procurador: graduado/a social:

Demandados: Soluciones Tecnológicas en Voz y Datos, S.L., Fondo de Garantía Salarial.

Avogado/a: procurador:

Graduado/a social:

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 526/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Eduardo Davila Rodríguez contra a empresa Soluciones Tecnológicas en Voz y Datos, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte sentenza:

«Que debo estimar e estimo integramente a demanda que en materia de cantidade interpuxo José Eduardo Davila Rodríguez, contra a empresa Soluciones Tecnológicas en Voz y Datos, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Soluciones Tecnológicas en Voz y Datos, S.L. a que lle aboe ao demandante a suma de 1.949,72 €, que se incrementará co 10 % por mora salarial.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, e fágaselles saber que non cabe recurso.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamentos».

Para que sirva de notificación á empresa Soluciones Tecnológicas en Voz y Datos, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

A Coruña, 26 de novembro de 2012

A secretaria xudicial