Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 17 de decembro de 2012 Páx. 46893

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4246/2012).

Francisco Javier Gamero López-Peláez, secretario xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de A Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4246/2012 desta Sección, seguido por instancia de María Jesús Rodríguez Fernández contra o Grupo Empresarial Manuel Hortas, S.L. e Fogasa, sobre resolución de contrato, se ditou a seguinte resolución:

«Que, desestimando o recurso de suplicación formulado por María Jesús Rodríguez Fernández contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 5 da Coruña con data do 11 de abril de 2012, debemos confirmar integramente a resolución contra a cal se recorreu.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 300 euros na conta desta sala nº 1552 0000 35 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamentos.

E para que sirva de notificación ao Grupo Empresarial Manuel Hortas, S.L., con último domicilio coñecido no Peirao da Palloza, A Coruña.

A Coruña, 26 de novembro de 2012

O secretario xudicial