Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 17 de decembro de 2012 Páx. 46892

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2816/2012).

Francisco Javier Gamero López-Peláez, secretario xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso de suplicación 2816/2012 desta sección, seguido por instancia de José Manuel Baltar Díaz, contra a empresa Todocopia, S.A. e Fogasa, sobre resolución de contrato, se ditou a seguinte resolución:

A Sala acorda que non procede a aclaración solicitada, polas razóns que se expresan no fundamento de dereito que antecede.

Notifíquese ás partes, advertindo que contra esta resolución non cabe ningún recurso. Malia o dito no parágrafo anterior, na medida en que se debe entender que este auto se integra na resolución que aclara, corrixe, emenda ou complementa, o prazo para interpor o recurso que caiba contra esa resolución restablécese a partir do momento en que se lles notifique ás partes este auto. Se algunha das partes interesadas nestas actuacións xa tivese presentado, preparado ou anunciado o pertinente recurso contra a resolución aclarada, corrixida, emendada ou complementada, a súa actuación considérase válida para todos os efectos, sen prexuízo de que, á vista deste auto, poida completala no prazo que nel se abre.

Así, por este auto noso, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Seguen as sinaturas. E para que sirva de notificación a Todocopia, S.A., con último domicilio en Pena Trevinca, Ourense.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos, sentenzas ou cando se trate de emprazamentos.

A Coruña, 22 de novembro de 2012

O secretario xudicial