Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 17 de decembro de 2012 Páx. 46889

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 7 de decembro de 2012 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada pola Orde do 25 de maio de 2012.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería mediante a Orde do 25 de maio de 2012 (Diario Oficial de Galicia nº 107, do 6 de xuño), de conformidade co disposto no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 17.4 do referido decreto lexislativo.

Esta consellería

dispón:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada pola Orde do 25 de maio de 2012 (Diario Oficial de Galicia nº 107, do 6 de xuño).

Segundo. Adxudicar destino, nos postos de traballo que se indican, e seleccionar o persoal que se relaciona no anexo da presente orde.

Terceiro. O cesamento no destino actual das persoas que obtiveron praza producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente a persoa preste servizos, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e o disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, se é o caso, lle foron concedidas á dita persoa. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. O xefe do centro no que cause baixa o persoal seleccionado, así como o daquel en que obteña destino, consignarán no titulo administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2012

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Nome e apelidos

NRP

Subgrupo

Denominación do posto
de traballo

Código do posto

de traballo

Centro directivo

Localidade

Corpo/escala

Nivel

Complemento específico

Héctor Presas Veiga

4690383235 A205J

A1

Xefatura Área Planific. e Programac. (Subd. Xeral)

MA.X01.00.001.15770.001

Axencia Galega de Infraestruturas

Santiago de

Compostela

Especial

30

21.029,54

Carlos Lefler Gullón

0975380702 A2062

A1

Xefatura Servizo de Planificación e Programación

MA.X01.00.001.15770.050

Axencia Galega de Infraestruturas

Santiago de

Compostela

Especial

28

15.981,84

Roberto A. Castro Blanco

3281093424 A2062

A1

Xefatura Servizo de Proxectos

MA.X01.00.001.15770.100

Axencia Galega de Infraestruturas

Santiago de

Compostela

Especial

28

15.981,84

Luis Miguel Muñoz Bretos

0537307624 A2062

A1

Xefatura Servizo de Supervisión de Proxectos

MA.X01.00.001.15770.150

Axencia Galega de Infraestruturas

Santiago de

Compostela

Especial

28

15.981,84

Mateo Maigler Ojea

3531097135 A2062

A1

Xefatura Área de Obras (Subd. Xeral)

MA.X01.00.002.15770.001

Axencia Galega de Infraestruturas

Santiago de

Compostela

Especial

30

21.029,54

Ricardo López Escapa

3530211968 A2062

A1

Xefatura Servizo de Obras

MA.X01.00.002.15770.050

Axencia Galega de Infraestruturas

Santiago de

Compostela

Especial

28

15.981,84

Raquel López Jato

4481008002 A2062

A1

Xefatura Servizo Xestión Vías de Alta Capacidade

MA.X01.00.002.15770.100

Axencia Galega de Infraestruturas

Santiago de

Compostela

Especial

28

15.981,84

José Enrique Pardo Landrove

3275142468 A2062

A1

Xefatura Servizo Seguridade Viaria e Conservación

MA.X01.00.003.15770.050

Axencia Galega de Infraestruturas

Santiago de

Compostela

Especial

28

15.981,84

Mª Isabel Barriuso Brea

1316696724 A2074

A2

Xefatura Servizo de Explotación

MA.X01.00.003.15770.100

Axencia Galega de Infraestruturas

Santiago de

Compostela

Especial

28

15.981,84

Francisco Amiama González

3333300346 A2062

A1

Xefatura Área Contratación e Admón. (Subd. Xeral)

MA.X01.00.004.15770.001

Axencia Galega de Infraestruturas

Santiago de

Compostela

Xeral/especial

30

21.029,54

Luis Mª López Agra-Cadarso

0248279835 A2074

A2

Xefatura Servizo Xestión Económico-Administrativa

MA.X01.00.004.15770.050

Axencia Galega de Infraestruturas

Santiago de

Compostela

Xeral/especial

28

15.981,84

Eduarda Varela Castro

3280537624 A2060

A1

Xefatura Servizo Xestión Xurídico-Administrativa

MA.X01.00.004.15770.100

Axencia Galega de Infraestruturas

Santiago de

Compostela

Xeral

28

15.981,84

Nuria Salgado Domínguez

3615082102 A2060

A1

Xefatura Servizo de Apoio Técnico

MA.X01.00.004.15770.150

Axencia Galega de Infraestruturas

Santiago de

Compostela

Xeral/especial

28

15.981,84

Fernando Iglesias Quintela

3323017824 A2060

A1

Xefatura Servizo de Coordinación Administrativa

MA.X01.00.004.15770.200

Axencia Galega de Infraestruturas

Santiago de

Compostela

Xeral

28

15.981,84