Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 17 de decembro de 2012 Páx. 46906

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Gijón

EDICTO (464/2012).

Carmen Villar Sevillano, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Gijón, fago saber que no procedemento ordinario 464/2012 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Juliana López Hidalgo, Leibi García López contra a empresa Montajes Nervión, S.A., Montajes Estrada, S.A., Duro Felguera, S.A., Montajes Metálicos Basauri, S.A., Ertank, S.A., Maesa, Talleres y Montajes Industriales, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Acordo suspender o acto de xuízo sinalado para o día 24.10.2012, sinalándose novamente para o 23.1.2013 ás 10.40 horas, as partes deberán ser citadas, expedindo as oportunas cédulas de citación coas advertencias legais e, se é o caso, as cédulas de citación e oficios necesarios para a práctica no acto de xuízo das probas propostas.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Montajes Estrada, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Gijón, 23 de outubro de 2012

A secretaria xudicial