Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2012 Páx. 46741

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5396/2009).

María Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que nas actuacións de recurso de suplicación número 5396/2009 a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dimanantes dos autos número 779/2007 do Xulgado do Social número 2 da Coruña, promovidos por Ángel Montes Martínez contra o Fondo de Garantía Salarial e a empresa Álvarez y Fresco Distribuciones, S.L., sobre reclamación de cantidade, con data do 22 de novembro de 2012 se ditou a resolución, cuxa parte dispositiva é como segue:

«Resolvemos que, desestimando o recurso de suplicación formulado polo letrado Pedro Pedreira Candal, en nome e representación de Ángel Montes Martínez, contra a sentenza do 31 de xullo de 2009, ditada polo Xulgado do Social número 2 da Coruña, en autos seguidos por instancia do recorrente contra a empresa Álvarez y Fresco Distribuciones, S.L., sobre cantidade, debemos confirmar e confirmamos na súa totalidade a resolución contra a cal se recorreu.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese as partes en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lles efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia, co fin de que sirva de notificación en forma a Álvarez y Fresco Distribuciones, S.L., con último domicilio coñecido en Santiago de Compostela, expido e asino este edicto.

A Coruña, 22 de novembro de 2012

A secretaria xudicial