Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 12 de decembro de 2012 Páx. 46388

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (137/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 137/2012 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Óscar Rama Castiñeiras contra a empresa Marmolería Seoane, S.L., José Pablo Fernández Lage, Fogasa, sobre despedimento, ditouse sentenza, cuxo encabezamento e decisión di:

Autos 137/2012.

Na cidade da Coruña, 15 de outubro de 2012.

Lara Mª Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre despedimento, por instancia de Óscar Rama Castiñeiras, que comparece representado polo letrado Sr. Silva Regueira, contra a empresa Marmolería Seoane, S.L., José Antonio Fernández García e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, e José Pablo Fernández Lage, que comparece por si, ditou a seguinte

Sentenza:

Decisión:

(1) Que considerando a demanda interposta por Óscar Rama Castiñeiras contra a empresa Marmolería Seoane, S.L., declaro improcedente o despedimento do que foi obxecto o 28 de decembro de 2011 e condénoa a que, no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución, opte entre readmitir o demandante no seu posto de traballo ou indemnizalo pola extinción da relación laboral coa cantidade, salvo erro ou omisión, de catorce mil oitocentos cincuenta euros (14.850 euros); con aboamento, en todo caso, dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación da presente resolución, en contía de corenta e catro (44 euros) diarios; debendo poñer en coñecemento do xulgado no prazo antes dito, se opta ou non pola readmisión.

(2) Que desestimando a demanda interposta contra José Antonio Fernández García e José Pablo Fernández Lage, absólvoos de todas as pretensións deducidas na súa contra.

(3) Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto; podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, debendo acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de trescentos euros preceptivas para recorrer, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así por esta a miña sentenza, o pronuncio, o mando e o asino.

E para que sirva de notificación en legal forma a José Pablo Fernández Lage, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 16 de novembro de 2012

A secretaria xudicial