Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 12 de decembro de 2012 Páx. 46386

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo

EDICTO (697/2011).

Luis Diego Espino Hernández, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo, por substitución, fai saber que no procedemento verbal nº 697/2011 foi ditada a seguinte sentenza no 17.7.2012:

«Sentenza. Vigo, dezasete de xullo de dous mil doce.

Vistos por min, Miguel Melero Tejerina, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo, os presentes autos de xuízo verbal, seguidos a instancia de Dolores Puga Coira, representado pola procuradora Susana Arca Veloso e asistido polo letrado Diego Luis Puga contra Carlos Congil Martínez e Natascha Rodríguez de Jesús, en rebeldía procesual.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Resolvo:

Estimar integramente as pretensións da demandante e condenar a Carlos Congil Martínez e Natascha Rodríguez de Jesús a pagaren a Dolores Puga Coira a suma de 3.562,70 euros, máis o xuro do artigo legal desde a data da demanda, con expresa condena en custas da parte demandada.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación dentro do prazo de 20 días.

Por o exixir así a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a interposición do recurso exixe a constitución do depósito de 50 euros na conta de depósitos e consignacións aberta no Banesto co número 0030 1846 42 0005001274, expediente 3640 0000 03 0697 11.

O depósito deberá acreditarse ao interpor o recurso.

Están exceptuados da constitución do depósito os que teñan recoñecido o dereito de asistencia xurídica gratuíta, o Ministerio Fiscal e a Administración.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza».

E para que sirva de notificación en forma ao/os demandado/s, expido este edicto.

Vigo, 17 de xullo de 2012

O secretario xudicial