Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 12 de decembro de 2012 Páx. 46384

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 5599/2009 CG).

Francisco Javier Gamero López-Peláez, secretario do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fai saber que nas actuacións de recurso de suplicación número 5599/2009 CG seguidas ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 379/2009 do Xulgado do Social número 2 de Lugo promovidos por Yolanda Sordo Rocha contra Téxtil Anro, S.L., Zintura, S.A., sobre reclamación de cantidade, con data 9 de novembro de 2012 se ditou a resolución, cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Decidimos:

Desestimando o recurso de suplicación interposto pola entidade mercantil Zintura, Sociedad Anónima contra a sentenza do 9 de novembro de 2009 do Xulgado do Social número 2 de Lugo, ditada en xuízo seguido por instancia de Yolanda Sordo Rocha contra a recorrente, a sala confírmaa integramente, e, en legal consecuencia, condenamos a recorrente á perda de depósitos, consignacións e aseguramentos, e ás custas da suplicación, cuantificando en 300 euros os honorarios do letrado impugnante.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no Banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano)».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Téxtil Anro, S.L., con último domicilio coñecido en Santa Catalina, 9 Ribadeo (Lugo), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 21 de novembro de 2012

O secretario xudicial