Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 12 de decembro de 2012 Páx. 46382

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 653/2010 JS).

Secretaría: Mª Asunción Barrio Calle.

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 653/2010 JS.

Materia: outros dereitos Seguridade Social.

Recorrente: Instituto Nacional da Seguridade Social.

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Construcciones y Reparaciones Eurovigo, S.L., Mutua Midat Cyclops e José Carlos Vilas Hervello.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 4 de Vigo demanda 538/2009.

Nas actuacións de recurso de suplicación número 653/2010 a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 538/2009 do Xulgado do Social número 4 de Vigo promovidos polo Instituto Nacional da Seguridade Social contra Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Construcciones y Reparaciones Eurovigo, S.L., Mutua Midat Cyclops, José Carlos Vilas Hervello, sobre outros dereitos Seguridade Social, con data 19 de novembro de 2012 se ditou a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Decidimos:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto polo demandado Instituto Nacional da Seguridade Social, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 4 de Vigo, nos presentes autos tramitados por instancia da Mutua Midat Cyclops contra a entidade xestora recorrente, a empresa Construcciones y Reparaciones Eurovigo S.L., e o traballador José Carlos Vilas Herbello, debemos confirmar e confirmamos integramente a dita sentenza.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no Banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Seguen as sinaturas e a publicación».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Construcciones y Reparaciones Eurovigo, S.L., con último domicilio coñecido en Vigo (Pontevedra), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 19 de novembro de 2012

A secretaria xudicial