Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 12 de decembro de 2012 Páx. 46380

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 348/10 IP).

Secretario: Francisco Javier Gamero López-Peláez.

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 348/2010 IP.

Materia: reclamación cantidade.

Recorrente: Marcia Nieto Rodríguez.

Recorridos: Fogasa e Embutidos y Jamones La Tradición, S.L.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 3 de Vigo, demanda 489/2009.

Nas actuacións de demanda/recurso de suplicación número 348/10 IP ás cales se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 489/2009 do Xulgado do Social número 3 de Vigo, promovidos por Marcia Nieto Rodríguez contra Fogasa, Embutidos y Jamones La Tradición, S.L., sobre reclamación cantidade, con data do 16 de novembro de 2012 ditouse a resolución, cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Decidimos que estimando totalmente o recurso de suplicación interposto por Marcia Nieto Rodríguez contra a Sentenza do 23 de setembro de 2009 do Xulgado do Social número 3 de Vigo, ditada en xuízo seguido por instancia da recorrente contra a entidade mercantil Embutidos y Jamones La Tradición, Sociedade Limitada, con intervención do Fondo de Garantía Salarial, a sala revógaa en parte e, con estimación en parte da demanda reitora de actuacións, condenamos a demandada a lle aboar á demandante a cantidade de 2.095,20 euros.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e, de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no Banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, no sucesivo, se efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co que se prevé no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E, para que así conste para os efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia co fin de que sirva de notificación en forma a Embutidos y Jamones La Tradición, S.L., con último domicilio coñecido en r/ Rosalía de Castro, Salvaterra de Miño, Pontevedra, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 16 de novembro de 2012

O secretario xudicial