Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 12 de decembro de 2012 Páx. 46378

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (recurso de suplicación 2964/2012-S).

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 2964/2012.

Xulgado de orixe/autos: demanda 1164/2011. Xulgado do Social número 3 de Vigo.

Recorrentes: Noelia Bravo Veloso, Ramón Fernández Giráldez.

Avogado: Ramiro Nicolás Lorenzo Cuervo.

Procurador: José Manuel Lado Fernández.

Recorridos: Transportes Domadi, S.L., Transportes M. Dopazo, S.L., Dicarpe Transportes, S.L.

Eu, M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2964/2012-S desta sala, seguido por instancia de Noelia Bravo Veloso e Ramón Fernández Giráldez contra as empresas Transportes Domadi, S.L., Transportes M. Dopazo, S.L. e Dicarpe Transportes, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou a resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Resolvemos:

Desestimamos o recurso de suplicación interposto por Noelia Bravo Veloso e Ramón Fernández Giráldez contra a sentenza do 29 de febreiro de 2012, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Vigo, en proceso sobre despedimento, promovido pola parte recorrente contra Transportes M. Dopazo, S.L., Transportes Domadi, S.L., Dicarpe Transportes, S.L., e confirmamos a sentenza de instancia.

Déaselles aos depósitos e consignacións o destino legal.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito, ante esta sala do social, dentro do dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para interpor recurso, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala, nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez que sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lles sirva de notificación en forma ás empresas Transportes M. Dopazo, S.L. e Transportes Domadi, S.L., con último domicilio coñecido en r/ Faisán, nº 21, baixo, de Vigo, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou de se tratar de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 14 de novembro de 2012

A secretaria xudicial