Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 12 de decembro de 2012 Páx. 46377

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego da Calidade Alimentaria

ANUNCIO do 20 de novembro de 2012 polo que se convoca proceso selectivo para a contratación dun analista de laboratorio mediante un contrato por obra ou servizo de duración determinada para desenvolver o proxecto de investigación e desenvolvemento tecnolóxico denominado Inoculante AC Supersil sobre ensilado de millo.

No taboleiro de anuncios do Instituto Galego da Calidade Alimentaria e na súa páxina web:

http://www.medioruralemar.xunta.es/nc/areas/investigacion_e_formacion/instituto_
galego_da_calidade_alimentaria/documentacion/persoal/

Aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria do proceso selectivo para a contratación dun analista de laboratorio mediante un contrato por obra ou servizo de duración determinada para o desenvolvemento do proxecto de investigación e desenvolvemento tecnolóxico «Inoculante AC Supersil sobre ensilado de millo».

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, publicaranse no dito enderezo electrónico e no taboleiro de anuncios do Instituto Galego da Calidade Alimentaria.

Sergude, 20 de novembro de 2012

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director do Instituto Galego da Calidade Alimentaria