Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 12 de decembro de 2012 Páx. 46390

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (194/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento p. oficio autoridade laboral 194/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia da Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social da Coruña contra a empresa Quindos 09, S.L., Adrián Couselo González, José Antonio Quindos Neira, María Camino Pintor, Tania Abucide García, Leticia Antelo Pais, Andrea Deinos Fernández, Jean Carlos Torres Ferrín, Jaime Pombo Vázquez, Jael Álvarez Naya, José Francisco Seoane Chouza, Tamara Vázquez González e Rubén Moreira Couso, sobre procedemento de oficio, ditouse sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Decido que, estimando a demanda interposta pola Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social da Coruña contra a empresa Quindos 09, S.L., non comparecida, Adrián Couselo González, José Antonio Quindos Neira, María Camino Pintor, Tania Abucide García, Leticia Antelo Pais, Andrea Deinos Fernández, Jean Carlos Torres Ferrín, Jaime Pombo Vázquez, Jael Álvarez Naya, José Francisco Seoane Chouza, Tamara Vázquez González e Rubén Moreira Couso, debo declarar e declaro a natureza laboral da prestación de servizos que prestaban os codemandados con relación á empresa Quindos 09, S.L.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que non é firme, e que contra ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Quindos 09, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 20 de novembro de 2012

A secretaria xudicial