Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 12 de decembro de 2012 Páx. 46391

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1023/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria do social de reforzo número 3 da Coruña, fai saber que no proceso seguido por instancia de Alfonso Puñal Pardiñas contra Mutua Fremap, Mutua Universal, Yesos Galaicos, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), Mawerpur, S.L., José Ramón Antelo Vilanova, Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS) e Mutua Midat Cyclops, en materia de seguridade social, sobre incapacidade permanente, rexistrado co número 1023/2009, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 12 de novembro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre prestación de incapacidade permanente 1023/2009. É demandante Alfonso Puñal Pardiñas, representado polo letrado Sr. Ferreiro Suárez; e demandados o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), coa representación da letrada da Administración da Seguridade Social Sra. Suárez Herva; a Mutua Midat Cyclops, coa representación da letrada Sra. Fernández-Chao González-Dopeso; a Mutua Fremap, coa representación da letrada Sra. Gómez Lage; a Mutua Universal, coa representación da graduada social Sra. Caamaño Lado; así como a empresa Yesos Galaicos, S.L., a empresa Mawerpur, S.L. e a empresa José Ramón Antelo Vilanova.

Dispoño:

Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Alfonso Puñal Pardiñas contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), contra a Mutua Midat Cyclops, contra a Mutua Fremap e a Mutua Universal, así como contra a empresa Yesos Galaicos, S.L., contra a empresa Mawerpur, S.L. e contra a empresa José Ramón Antelo Vilanova, e, en consecuencia, absolvo as entidades demandadas de cantas pretensións se exerceron na súa contra en méritos do presente procedemento.

Notifíquese a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos 5 días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E, para que sirva de notificación a Yesos Galaicos, S.L. e Mawerpur, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 21 de novembro de 2012

A secretaria xudicial