Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 12 de decembro de 2012 Páx. 46393

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1026/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1026/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sonia María Suárez Márquez contra a empresa Muebles Ciudad de Marineda, S.L. sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son como segue:

«Sentenza.

A Coruña, 16 de novembro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre despedimento 1026/2012, en que foi demandante Sonia María Suárez Márquez, representada polo letrado Sr. García Vilaboy, e demandada a empresa Muebles Ciudad de Marineda, S.L.

Dispoño:

Que debo estimar e estimo a demanda interposta por Sonia María Suárez Márquez contra a empresa Muebles Ciudad de Marineda, S.L. e, en consecuencia, declaro improcedente a extinción do contrato da demandante e condeno a empresa demandada a que, no prazo de cinco días desde a notificación desta sentenza, opte entre a readmisión da traballadora nas mesmas condicións que rexían no momento de se producir o despedimento, co aboamento dos salarios de tramitación que, desde a data do despedimento ata a desta resolución, ascenden á cantidade de 2.889,60 euros, aos cales se lles deberán engadir os que se devindiquen ata a súa notificación, a razón de 38,02 euros diarios, e a extinción da relación laboral, con aboamento da cantidade de 532,28 euros, en concepto de indemnización, e ao aboamento da cantidade de 3.552,20 euros en concepto de salarios debidos.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto da condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Inscríbase no libro de rexistro da súa clase.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, secretaria xudicial, dou fe».

E para que lle sirva de notificación a Muebles Ciudad de Marineda, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 21 de novembro de 2012

A secretaria xudicial