Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 11 de decembro de 2012 Páx. 46276

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (865/2012).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 865/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Carmen Cagiao Calvelo contra a empresa Promotora Rocanor, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse sentenza o 16 novembro de 2012, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido que, estimando a demanda formulada por María del Carmen Cagiao Calvelo, con DNI 47365652-G, contra a empresa Rocanor, S.L., cualifico como improcedente o despedimento do 30.6.2012, e condeno a demandada a estar e pasar por tal declaración, e a que, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, opte entre a readmisión da demandante, con aboamento, neste caso, dos salarios deixados de percibir desde o despedimento, ou o aboamento dunha indemnización cifrada en 1.183,64 euros. O pagamento da indemnización determinará a extinción do contrato de traballo, que se entenderá producida na data do cesamento efectivo no traballo. No suposto de non optar o empresario pola readmisión ou a indemnización, enténdese que procede a primeira.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándoo mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte á súa notificación. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de depositar a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 60) na conta deste xulgado, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, en que se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, debendo acreditar tamén na indicada conta (clave de ingreso 65) a consignación da suma de 300 euros preceptiva para recorrer, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mando e asino.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza pola xuíza que a subscribe, realizando audiencia pública no día da súa data. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Promotora Rocanor, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de novembro de 2012

A secretaria xudicial