Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 11 de decembro de 2012 Páx. 46278

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (669/2012).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 669/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Daniel Varela Fernández contra a empresa Hostelería Coruñesa Agoi 3, S.L., sobre despedimento, se ditou sentenza con data do 27 de setembro de 2012, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Resolvo que debo estimar e estimo a demanda sobre despedimento formulada por Daniel Varela Fernández, que comparece asistido polo letrado Sr. Páramo Sureda, contra a empresa Hostelería Coruñesa Agoi 3, S.L. e o Fogasa, que non comparecen no acto de xuízo, declarando a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral, con condena á empresa demandada ao aboamento de 9.820,70 euros en concepto de indemnización.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertindo de que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo. Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, de que deberá depositar a cantidade de 300 euros (artigo 229 da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social) na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado número 1 de reforzo da Coruña».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Hostelería Coruñesa Agoi 3, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamentos.

A Coruña, 19 de novembro de 2012

A secretaria xudicial